domingo, 19 de outubro de 2014

SAÍDA A PETRÓGLIFOS DE SANTA LUCÍA E AGUA DA LAXE CON CHANO PIÑEIRO 
11/10/14



domingo, 30 de marzo de 2014


SAÍDA A OUTEIRO DOS LAMEIROS

E alí estabamos ( 200 persoas máis menos) e iso que comenzaba a chover, pero non importou. As cariñas dos peques dicíano todo e coas súas linternas dispostos á aventura. Que é de noite! que chove! non importa que aí están eses cabalos que van saír da parede , e mira o pastor ! ten un can! ou iso parece ,...e iso de ali que pode ser? un peixe...non parece o lugar onde gardan os cabalos! . E esta espiral de aquí? Vaia se parece un sol... Mirade hai algúns cabalos que se escaparon...mirádeos por aquí arriba...Cuidado  non esvares que está mollado!...e agora de retirada!  
Gracias a todos por facer de esta,  unha noite máxica,...mesmo a Santa Compaña escaparía de nós...Gracias, gracias, gracias.

domingo, 16 de marzo de 2014

sábado, 15 de febreiro de 2014

RELATORIO ELISA PEREIRA

O pasado 10 de febreiro, tivemos con nós no grupo de traballo a Elisa Pereira,  que centrou o seu relatorio na aplicación e enfoque didáctico da arte rupestre para levar ás aulas. Os puntos centrais da súa intervención pasaron pola formulación de obxectivos, contidos, actividades prácticas segundo o obxecto de estudo, a contextualización fundamental que nos centrou na cronoloxía da prehistoria facendo fincapé no calcolítico , a Idade dos metais... , os xacigos, como ensinar aos nenos/as a contar, os cambios de era, o grupo galaico rupestre, a súa ubicación e distribución, as rochas, como se facían os gravados, tipos de deseños, a pintura, os pigmentos, a destrución do patrimonio... aportándonos co seu saber achegamentos didácticos moi útiles para o noso traballo.




luns, 27 de xaneiro de 2014


RELATORIO FERNANDO COSTAS GOBERNA


O pasado 23 de xaneiro de 2014 o relatorio de Fernando Costas Goberna estivo baseado no xogo  " As pedras e os xogos"- a orixe dos taboleiros de xogo galegos. 
Ainda que moitos dos grabados non foron concebidos para tal fin, unha vez estaban, impulsaron o xogo. A súa utilidade para este fin en moitos casos estaba clara. Noutros non tanto. 
A aplicación didáctica nas aulas adquire a través de esta perspectiva outro enfoque, fundamentalmente para partir do que temos, recrealo e buscarlle unha practicidade lúdica.  

luns, 30 de decembro de 2013


RELATORIO XOSÉ LOIS VILAR
O pasado 3/12/13 o relatorio impartido por Xosé Lois para o Grupo de Traballo " A Arte Rupestre e a súa aplicación nas aulas" estivo referido a perspectiva histórica, a concreción do entorno de Val Miñor e Baixo Miño, a localización xeográfica galega dos petróglifos, a análise de publicacións, e a través dun power point fíxonos chegar ao grupo unha contextualización xeográfica e catálogo fotográfico do máis salientable na zona.
Tamén Rosana a través dun conto elaborado por ela, puso de manifesto recursos dispoñibles que se poden empregar nas aulas para facer chegar a arte rupestre ás mesmas.