RELATORIO ELISA PEREIRA
O pasado 10 de febreiro, tivemos con nós no grupo de traballo a Elisa Pereira, que centrou o seu relatorio na aplicación e enfoque didáctico da arte rupestre para levar ás aulas. Os puntos centrais da súa intervención pasaron pola formulación de obxectivos, contidos, actividades prácticas segundo o obxecto de estudo, a contextualización fundamental que nos centrou na cronoloxía da prehistoria facendo fincapé no calcolítico , a Idade dos metais... , os xacigos, como ensinar aos nenos/as a contar, os cambios de era, o grupo galaico rupestre, a súa ubicación e distribución, as rochas, como se facían os gravados, tipos de deseños, a pintura, os pigmentos, a destrución do patrimonio... aportándonos co seu saber achegamentos didácticos moi útiles para o noso traballo.
Terra escola pretende ser un eixo dinamizador na investigación sobre o entorno no Valmiñor e Baixo Miño. Somos un grupo de mestres de distintos centros, que pretende promover a aprendizaxe e divulgación do entorno, así como a aplicación metodolóxica nas aulas a través da comunidade educativa en xeral e que sexan eles os verdadeiros protagonistas convertíndose en testigos do noso patrimonio e fomentando o valor do respecto. Comenzamos este proxecto coa Arte rupestre .